
01 ENTREVERBAS 2020: Poesía no rural en pé de loita
Tanta paixón, quen poderá detela!* *Lema xeracional do movemento bravú nado nunha taberna de Viana (Chantada) a noite Santos de 1994. Grazas Xurxo Souto e outros por berralo: o noso ‘Punks not dead’. Son dese tipo de persoa que considera a representación artística como un ‘altofalante’, é dicir, dar espazo exterior e ar a aquilo que … Sigue leyendo 01 ENTREVERBAS 2020: Poesía no rural en pé de loita

Son Alba Sotelo Leal
Nacín na Banda do Río fai moito tempo, antes da construción das primeiras ghamelas. Son neta de Paco ‘Chiacán’ e Carmen Loira, tamén de Maruxa ‘a Palera’ e de Edelmiro Sotelo. Son filla da fame e do vento, de Asun Leal e Alberto Sotelo. Son géminis e venusiana, sinto o apego da terra no ventre e non podo máis que ver amencer en silenzo e dar grazas.