Queremos ser #RuralInfluencers!
Estamos traballando en…
- Na sección #RuralInfluencers no Hoy por hoy de Radio Pontevedra – Cadena Ser destacamoss e poñemos en valor unha aldea do rural galego así como proxectos de desenvolvemento rural.
- Dende o pasado ano, realizamos formación audiovisual e tecnolóxicas en parroquias do rural galego co fin de rexistrar o patrimonio inmaterial en risco de perda. Temos o precedente dun proxecto anterior realizado para o departamento de Cultura do Concello de Bueu (www.freguifestasbueu.gal) onde se traballou cos veciños na compilación e posterior recreación de fotos antigas das festas das aldeas.
As nosas plataformas de comunicación
A nosa intención é canalizar o contido xerado en cada obradoiro nas plataformas Instagram e Youtube. Ademais dese contido específico, estamos traballando na creación de seccións temáticas periódicas: #SabarigoFarmer (o mestre horticultor Gerardo García daranos consellos sobre a terra e remedios naturais), #Amighos (o xornalista preadolescente Alfredo Fernández entrevistará a grupos de maiores cun vínculo de amizade) e #RuralZen (Lucía Lourido, entrenadora en felicidade, daranos consellos sobre meditación e natureza).Presentación candidatura Pont-Up Store 2019
Este ano presentámonos ao Stand, Actividade (Podcast en directo) e Puntazo Express da feira de emprendemento Pont Up Store 2019 organizada pola Universidade de vigo.
https://pontupstore.com/web/gl/
Sobre min

Son Alba Sotelo, directora do Galician Rural Lab. Son fotógrafa de vocación e poeta de corazón: combino a miña paixón pola fotografía coa de narrar historias. Considérome unha profesional multidisciplinar ou “todoterreo” con maís de dez anos de experiencia e cuxa máxima aspiración é poder traballar en cinema, especialmente no campo do guión inda que tamén me apaixoa o fotoxornalismo. Formo parte da promoción 2006-2010 da Licenciatura en Comunicación Audiovisual e da primeira promoción do Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais, ambos pola Universidade de Vigo. Son activista cultural na miña vila: Bueu onde formo parte da directiva do Cineclub Bueu e da Asemblea Feminista ‘As patelas’.
Quero que o proxecto do Rural Lab medre paseniño e, nun futuro próximo poder crear unha cooperativa cos diversos colaboradores do proxecto, xa que é aberto e adaptable á intervencións doutros fotógrafos e vidéografos, guionistas e escritores, narradores orais, sonidistas e músicos.
O Rural Lab é unha oportunidade de reconvertir a miña carreira audiovisual cara un proxecto social.
Participa!
Queres recibir máis info sobre o Galician Rural Lab?
Estas interesad@ en desenvolver un obradoiro na túa parroquia?
Tes algunha proposta?
Todos os dereitos reservados © Galician Rural Lab / Alba Sotelo